O Celta desquítase cun sólido triunfo ante o Athletic (3-1)


A undécima xornada ligueira non parecía unha máis para o RC Celta. Equipo e afección afrontaban con especial concentración un complicado choque ante o Athletic Club -ao que os celestes non gañaban en Balaídos desde 2003- tras encadear dúas derrotas: en casa ante o Atlético e fora fronte ao Málaga.

Un espléndido primeiro tempo do cadro galego, culminado cun tanto de Sergi Gómez e dous de Iago Aspas, deu paso a unha segunda parte na que os de Unzué estiveron máis contidos ante un Athletic Club que nunca tirou a toalla. O 3-1 final dá ao RC Celta tres importantes puntos antes do parón de seleccións. A próxima xornada o conxunto céltico visita ao Sevilla FC no Sánchez Pizjuán (sábado 18 de novembro, 18:30, beIN Sports LaLiga).

FICHA TÉCNICA

3-ATHLETIC: Kepa, Bóveda (Lekue, min.73), Laporte, Núñez, Balenziaga, San José, R. García, Vesga (Iturraspe, min.46), Córdoba (Aduriz, min.46), Susaeta, Williams.

1-CELTA: Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Jonny, Lobotka (Radoja, min.84), Wass, Pablo Hernández, Iago Aspas (Jozabed, min.90), Sisto, Maxi Gómez (Guidetti, min.76).

Goles: Sergi Gómez (1-0, min.16); Iago Aspas (2-0, min.23); Iago Aspas (3-0, min.26); Raúl García (3-1, min.38).

Árbitro: Gil Manzano, do comité extremeño. Amonestou a Vesga, Aduriz (Athletic); Sergi Gómez, Maxi Gómez (Celta).

Campo: Balaídos (19.876 espectadores).