O Celta domina con claridade, pero quédase ás portas en Mendizorroza (2-1)






O monólogo celeste en Mendizoroza non foi suficiente. O Alavés aproveito as súas dúas primeiras ocasións e defendeu con orde para soster a súa vantaxe. Os vigueses desaprovecharon as súas oportunidades, numerosas, e caeron pola mínima tras un gol maxistral de Iago Aspas no desconto.

O cadro local atopouse cun gol na súa primeira chegada tras un serio desaxuste defensivo celeste. Aos catro minutos, Pedraza marcou no segundo pau para adiantar ao Alavés. Iso permitiu que os de Abelardo dedicáranse en exclusiva a defender, tapar ocos e contragolpear. Fixérono con orde e convicción. Na súa segunda chegada, no minuto 18, Munir bateu a Rubén, tamén cun remate no segundo pau. O Celta, que capitalizou a posesión, non aproveitou as súas ocasións, unha de Aspas que sacou un defensor baixo paus e outra de Radoja case ao final,

O descanso chegou con esta clara vantaxe local, que realizou un bo exercicio de eficacia e presión en defensa.

A segunda metade foi un monólogo celeste, con numerosas ocasións, algunhas moi clara, como unha de Sisto fronte ao porteiro, e un claro penalti sobre Maxi Gómez non sinalado. Os celestes insistiron con ambición, pero só lograron marcar no último minuto. Iago Aspas anotou un gol de bandeira. Foise de dous rivais na frontal, cun caño marabilloso incluído, e un majestuoso golpeo coa esquerda. Non foi suficiente ante un rival moi ordenado e cunha eficacia demoledora.

2-Alavés: Pacheco; Martín Aguirregabiria, Laguardia, Ely, Alexis; Tomás Pina, Manu García, Ibai Gómez (Hernán Pérez, min.89), Rubén Sobrino (Bojan, min.74), Pedraza; Munir (Torres, min.81).

1-RC Celta: Rubén; Jonny, Roncaglia, Sergi Gómez, Mazán (Jozabed, min.58) Lobotka, Wass, Radoja (Emre Mor, min.74), Iago Aspas, Brais Méndez (Sisto, min.58), Maxi Gómez.

Goles: 1-0, min.4: Pedraza; 2-0, min. 18: Munir; 2-1, min.91: Iago Aspas.

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amonestou a Radoja, Jozabed, Sobrino, Alexis.

Campo: Mendizorroza.