O Celta-Eibar xógase o sábado 24 de febreiro ás 13:00

LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 25 do campionato, na que o RC Celta recibe á SD Eibar en Balaídos. Celestes e armeiros mediranse no estadio vigués o sábado 24 de febreiro ás 13:00. beIN Sports LaLiga retransmite o partido en directo.