O Celta empata o seu primeiro partido de pretempada (1-1)

Empate a 1 gol fronte ao Córdoba no primeiro partido do RC Celta desta pretemporada. O conxunto dirixido por Antonio Mohamed presentábase ante os máis de 3000 afeccionados que encheron o campo de Baltar en Portonovo co primeiro 11 da tempada. O equipo andaluz adiantouse no minuto 13, obra de Jaime Molina. Desde ese momento o conxunto celeste buscou sen éxito a portaría rival ata o final da primeira parte.

Na segunda metade, o Celta presentou un 11 novo no campo. O Celta buscou o control do balón e dispuxo de dúas ocasións obra de dúas boas combinacións entre Jozabed e Dennis Eckert. Coa entrada no campo de Juan Ros, Alende e Apeh, o conxunto celeste aumentou a presión ofensiva e froito dun lanzamento de falta chegou o primeiro gol da pretemporada. Emmanuel Apeh rematou un centro á área que supuxo o empate.

O encontro supuxo ademais o debut de 3 das novas fichaxes do Celta: Araujo, Okay e Juncá.

O equipo celeste retomará mañá os adestramentos e o luns regresará á Madroa para continuar coa súa preparación.

FICHA TÉCNICA

1-RC CELTA

1ª Parte: Sergio, Hugo Mallo, Cabral (32′ Costas), Roncaglia, Juncá, Lobotka, Okay, Brais, Emre ( 32′ Jozabed), Hjulsager y Beauvue.

2ª Parte: Iván Villar, Kevin (74′ Alende), Costas, Araujo, Mazan, Dani Molina, Jozabed, Juan Hernández, Salvador (74′ Apeh), Borja Fernández (74′ Ros) y Dennis Eckert.

 

1-CÓRDOBA

1ª Parte: Igor Stefanovic, Jordi Ortega, Aythami Artiles, Alejandro Alfaro (c), Jaime Romero, Alejandro Quintanilla, José Manuel Fernández, Víctor Mena, Sasa Jovanovic, Javier Lara, Álex Vallejo

Goles: 0-1, min.13: Jaime Romero; 1-1, min.78:

Campo: Baltar, 3124 espectadores