O Celta enche as aulas viguesas de celtismo e hábitos saudables







Segunda semana de visitas a centros educativos de Vigo e a súa contorna. Os xogadores do RC Celta fixeron as delicias dos máis pequenos, os celtistas do futuro, quen tiveron a oportunidade de coñecer aos seus ídolos en persoa e descubrir de primeira man os hábitos saudables necesarios tanto na vida dun futbolista de elite como de calquera persoa.

Os colexios que recibiron esta semana a visita do persoal céltico foron o Colexio Sensat (Rubén), Altamar (Roncaglia), Amor de Dios (Fontàs), Carmelitas (Cabral), Maristas (Jonny), Jesuitinas (Sergio), O Castro (Sergi Gómez e Hjulsager), Xosé Fernández López (Hugo Mallo) e Losada (Emre Mor).

A Fundación Celta, responsable de articular o labor socioeducativa da entidade celeste, continúa así desenvolvendo e mellorando os seus programas e actividades de achegamento do celtismo á afección así como a difusión dos valores do deporte á sociedade.