O Celta estrea o horario de mediodía ante o Levante

LaLiga confirmou este venres os horarios correspondentes á xornada 19 do campionato ligueiro, na que o RC Celta mídese ao Levante UD no Ciutat de València. Os celestes xogarán en horario de mediodía por primeira vez nesta tempada, xa que o choque ante o conxunto levantino programouse para as 12:00 do domingo 14 de xaneiro. beIN Sports LaLiga retransmite o encontro en directo.