Primeiro Equipo

O Celta gaña o Trofeo Tim, peche da súa xira en Italia

RC Celta

TIM.jpg

 

O Celta selou con brillantez unha participación histórica no Trofeo Tim ao ser o primeiro equipo non italiano invitado a este prestixioso trofeo. Os celestes empataron no primeiro choque ante o Milan e derrotaron no segundo ao Suassolo e lograron alzarse co Trofeo.

 

Empate sen goles ante o Milan

 

No primeiro partido do triangular, con Celta e Milan como protagonistas, foron os celestes, fieis ao seu estilo, os que dominaron o xogo ante un rival envorcado nos contragolpes. O encontro acabou en empate sen goles e o cadro italiano obtivo dous puntos, por un do vigués, na quenda de penaltis.

O equipo vigués exhibiu a súa habitual presión adiantada e dominou a posesión de maneira clara, aínda que non lograba acabar as súas combinacións de maneira clara, mentres que o cadro italiano xeraba certo perigo á contra e con centros laterais. Sergio desbaratou aos 20 minutos de maneira brillante un man a man chegado tras un rexeite.

Diego López despexou despois con apuros un bo remate de Sisto desde a frontal e Bongonda e Jonny protagonizaron boas chegadas, aínda que sen a finalización adecuada. O árbitro anuloulle un gol ao Celta no tramo final por fóra de xogo de Iago Aspas tras unha espléndida xogada de Sisto con gran asistencia ao canteirán, quen definira á perfección ante Diego López.

Sergio volveu desbaratar nos últimos instantes un man a man a Bacca noutra contra dun Milan que fora dominado con claridade polos vigueses. O partido acabou sen goles e os puntos, dous para o gañador, un para o perdedor, repartíronse desde a quenda de penaltis, na que o conxunto italiano estivo máis afortunado. Sergio detivo un lanzamento e para o Celta anotaron Marcelo Díaz e Sisto e fallaron Iago Aspas e Wass

 

0-AC Milan: Diego López, Bonaventura, Fonda, Niang, Montolivo, Abate, Poli (Locatelli, min.37), Paletta, Bergara, Bacca e Calabria (De Sciglio, min.33)

0-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Marcelo Díaz, Wass, Sisto, Orellana, Bongonda e Iago Aspas

Árbitro, Maximiliano Irrati. Amoestou a Hugo Mallo

 

Vitoria ante o Suassolo

 

No segundo encontro do trofeo, o Celta mediuse ao Suassolo, posible rival na Europa League, ao que derrotou cun tanto de Drazic

Os celestes, cunha aliñación totalmente diferente na que figuraban o novo porteiro Iván Villar e Pablo Hernández, quen disputou os seus primeiros minutos nesta pretemporada, saíron de novo coa intención de asumir o mando do choque ante un rival máis rodado e moi vertical.

Naranjo foi o primeiro en inquietar ao cadro local cun disparo afastado que atrapou ben o porteiro. Drazic anotou aos 15 minutos tras unha gran asistencia de Pape para adiantar aos celestes, Pouco despois Señé estrelou un balón na madeira tras un centro de Naranjo que Guidetti deixou pasar con intelixencia.

Aos 20 minutos, o árbitro anulou por fóra de xogo un bo tanto de cabeza do Tucu Hernández nunha xogada de estratexia. Os vigueses apabullaban a un Sassuolo incapaz de superar a presión do cadro de Berizzo. Peluso detivo cunha gran estirada un bo lanzamento de Drazic tras unha boa arrancada do celeste.

O conxunto de Berizzo acumulou máis ocasións e apenas permitiu algunha ao seu rival, que se topou con Iván Villar aos 36 minutos no seu primeiro remate con perigo. Finalmente, vitoria do Celta neste partido ante o conxunto local.

 

0-Suassolo: Peluso, Pegolo, Magnanelli, Antei, Falcineli, Defrel, Sensi, Politano, Lirola, Mazzitelli (Trotta, min.36) e Letschert

1-RC Celta: Iván Villar, Lemos, Costas, Sergi Gómez, Planas, Pape, Pablo Hernández, Frazic, Señé, Naranjo e Guidetti

Goles. 0.1, min.15: Drazic

Árbitro: Paireto. Amoestou a Lemos, Sergi Gómez, Politano

Campo: Mapei Stadium

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas