O Celta Infantil B clasifícase a cuartos do Gyeongju International Tournament

celta_cheongyong_gyeongju_tournament_international.JPG

 

O Celta Infantil B avanza no Torneo Internacional de Gyeongju (Corea do Sur). Os celestes venceron 6-1 ao Cheongyong, unha selección de xogadores coreanos, no último partido da fase de grupos. Antes asinaran unha derrota ante o Ichinomiya (0-3) e outros dous triunfos, ante o Gabala (2-0) e o Nara City (4-1).

 

Este mércores os canteiráns mediranse en cuartos de final ao Baekho, equipo de Corea do Sur.

Leave a Reply

1 + fifteen =