O Celta Infantil B viaxa a Corea do Sur para participar nunha nova edición do Torneo Internacional Gyeongju

gyeongju.jpg

Os canteiráns celestes poñen rumbo este xoves ao país asiático

 

O Celta Infantil B viaxa este xoves cara a Corea do Sur para participar no prestixioso Gyeongju International Youth Football, un torneo ao que os celestes xa acudiron en 2013.

 

Os canteiráns celestes atoparanse na cidade coreana de Gyeongju con equipos como o Benfica, Racing de Avellaneda, Corinthians, Almería… ata 22 conxuntos procedentes de Corea do Sur, China, Xapón, Vietnam, Australia, Nova Zelandia, Brasil, Portugal, Francia e España.

 

O equipo céltico, encadrado no Grupo D do torneo, medirase na fase de grupos ao Ichinomiya xaponés este domingo, ao Sandong chinés o luns e ao WYNRS neozelandés o martes. Se o Celta finaliza a primeira rolda entre os dous primeiros postos do seu grupo, clasificarase para a fase de cuartos. A final xogarase o xoves 27 de agosto.

 

Con experiencias como a participación neste torneo internacional o RC Celta e a Fundación Celta buscan potenciar a formación persoal e futbolística dos seus canteiráns e técnicos, ademais de continuar dotando de proxección internacional ao proxecto de canteira celeste, que cada vez goza de maior recoñecemento tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

Leave a Reply

one × 3 =