Fundación

O Celta Integra inicia con pleno de vitorias a nova tempada de LaLiga Genuine

RC Celta

LaLiga Genuine deu o pistoletazo de saída á súa segunda tempada este fin de semana en Tarragona coa disputa da primeira xornada. Como non podía ser doutra maneira, a competición respirou ilusión, amor polo fútbol e compañeirismo por milleiros; un ambiente espectacular que está a converter a LaLiga Genuine nunha cita imprescindible para todos os amantes do deporte e os seus valores.

O Celta Integra, equipo da Fundación Celta, arrincou a súa participación na nova campaña cun extraordinario pleno de vitorias. O conxunto de Álex Abalde superou ao Eibar (3-0), Real Sociedad (2-0) e Athletic Club (0-1) en tres partidos nos que brillou a deportividade e a complicidade de todos os participantes.

A segunda fase de LaLiga Genuine 2018/19 celebrarase entre os días 18 e 20 de xaneiro en Córdoba.

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas