celta-integra-foto-equipo-2018-madroa-genuine.jpg
Fundación

O Celta Integra pecha unha ilusionante e inolvidable tempada de LaLiga Genuine

RC Celta

A Madroa viviu un fin de semana único coa Fase Final de LaLiga Genuine. Un espectacular ambiente cheo de compañeirismo e ilusión alagou as instalacións deportivas celestes durante dous días nos que, unha vez máis, a Fundación Celta Integra conquistou a todos.

Os célticos sumaron nesta cuarta e última xornada do campionato dous triunfos (Rayo Vallecano, Levante) e un empate (Espanyol), resultados que aseguraron o subcampeonato, só superados polo RCD Espanyol, primeiro campión de LaLiga Genuine.

O RC Celta quere felicitar aos xogadores e técnicos polo seu esforzo e espírito de superación durante toda a tempada. Son a representación máis sincera e transparente do significado de afouteza. Parabéns por unha campaña inesquecible, celestes!

Resultados e clasificación final

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas