O Celta-Leganés da decimoterceira xornada xogarase en venres

LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 13, na que o RC Celta recibe ao CD Leganés en Balaídos. Os de Unzué mídense ao conxunto madrileño o venres 24 de novembro ás 21:00 horas no estadio vigués, un partido que beIN Sports LaLiga retransmitirá en directo.