O Celta, no Aspire Academy Global Summit xunto ás principais canteiras do planeta

O RC Celta volve participar por segundo ano consecutivo no Aspire Academy Global Summit, un importante congreso que reúne a expertos do mundo do deporte, a ciencia e a representantes das principais canteiras do planeta para debater e compartir coñecementos sobre metodoloxía do fútbol (Football Performance and Science).

O director da canteira celeste, Carlos Hugo García Bayón, abandera ao RC Celta durante estas xornadas en Londres, onde coincidirá con responsables doutros clubs como o FC Barcelona, Real Madrid, Athletic Club, Vilarreal, Málaga, River, Manchester United, Arsenal, Milan, Juventus ou Mónaco entre outros.

Kevin Keegan, Arrigo Sacchi, Roy Hodgson ou Claude Makelele son algúns dos nomes destacados entre os relatores destas xornadas que reúnen a expertos e profesionais de 50 países.