emre-mor-celta-real-sociedad-anoeta-261118.jpg
Primeiro Equipo

O Celta paga as súas imprecisións e cae en Anoeta (2-1)

RC Celta

O Celta pagou as súas imprecisións nun resbaladizo Anoeta e viuse en desventaja de dous goles ao principio da segunda metade. No tramo final, cos celestes envorcados, Maxi Gómez anotou o gol céltico e deu marxe á esperanza, pero a remontada non foi posible.

Foi unha primeira metade marcada polas imprecisións e os resbalóns. Nunha daquelas chegou o gol da Real Sociedad e nun destes frustrouse a mellor ocasión celeste. Oyárzabal aproveitou aos 36 minutos, cun remate desde a frontal, unha serie de rexeites iniciados tras un erro na saída de balón. Antes, Iago Aspas escorregou nun man a man ante Moyá e a inmellorable ocasión xerada tras un gran pase de Hjusager.

Os celestes trataron sempre de sacar o balón xogado ante unha feroz presión dun rival que dispuxo de varias ocasións antes de anotar no tramo final desta primeira metade.

Trala reanudación, centro desde a esquerda e gol de cabeza de Zurutuza. pasaran dous minutos. Foi un duro golpe que o Celta acusou. Mantivo o seu plan de xogo, con cambios en ataque, pero custáballe xerar ocasións. No tramo final, os celestes envorcáronse en ataque e a falta de sete minutos Maxi Gómez cabeceou á rede tras un centro de Brais.

FICHA TÉCNICA

2-R Sociedad: Moyá; Zaldua (Gorosabel, min.86), Héctor Moreno, Llorente, Theo; Zubeldia, Zurutuza (Sandro, min.78), Oyarzabal, Juanmi, Januzaj (Merino, min.63) e WilliaM.

1-RC Celta: Sergio; Kevin, David Costas, Araujo, Juncá; Brais, Okay (Sisto, min.86), Jozabed; Hjulsager, (Boufal, min.59) Aspas e Emre Mor (Maxi Gómez, min.46).

Goles: 1-0, 36: Oyarzabal; 2-0, min.47: Sergio; 2-1, min.83: Maxi Gómez.

Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Juncá, Maxi Gómez, Sandro, Oyarzabal.

Campo: Anoeta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas