O Celta participa no XX Torneo Nacional Blue BBVA Alevín de Fútbol 7

Alevin_-_BBVA_Blue_Futbol_7.jpg

Todos os clubs que militaron en Primeira esta tempada teñen presencia no campionato

 

Esta tarde tivo lugar en Granada o acto de inauguración do XX Torneo Nacional Blue BBVA Alevín de Fútbol 7, que se desenvolverá no estadio Nuevo Los Cármenes entre os días 7 e 9 de xuño.

 

Neste campionato, anteriormente coñecido como torneo de Brunete, participan os 20 equipos alevíns dos clubs que esta tempada militaron na Primeira División do fútbol español.

 

O Celta foi encadrado no Grupo C, no que disputará o pase a cuartos de final con Barcelona, Málaga, Rayo Vallecano e Levante. Os celestes iniciarán o torneo xogando contra o Levante, o venres 7 de xuño ás 11:00 horas.

Leave a Reply

five × two =