Hemeroteca canteira

O Celta pecha a renovación de Diego Maceira

RC Celta

Maceira_-_Celta_B.jpg

O xogador do filial firma unha tempada máis con opción a outras tres

 

O Real Club Celta continúa perfilando a parcela deportiva para a tempada 2013/2014, tamén no referido ás súas categorías inferiores. O club pechou hoxe a renovación de Diego Maceira, xogador vigués do filial, que vestirá a camiseta do Celta unha tempada máis con opción a continuar outras tres.

 

Por outra banda, os futbolistas do Celta B Víctor Vázquez, Camochu, Maestre, Moreira e Rubén Martínez abandonan a disciplina celeste. O club quere expresar o seu sincero agradecemento a estes cinco xogadores pola súa entrega, traballo e aportación no ascenso do filial á Segunda División B. O Real Club Celta deséxalles a maior das sortes nos seus próximos proxectos deportivos.

 

Fotografía: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas