O Celta pecha a súa xira italiana cun triangular ante Milan e Sassuolo

trofeotimItalia

 

O Celta continúa co seu stage de pretempada en Italia. Despois de vencer á Fiorentina, o partido suspendido ante o Pisa e un novo triunfo fronte o Pescara, os de Berizzo pechan a súa xira polo país transalpino este mércores cun atractivo torneo triangular, o Trofeo Tim 2016, no que se enfrontarán a AC Milan e US Sassuolo.

 

Tras quince edicións do torneo, nas que habitualmente participaron AC Milan, Inter Milan e Juventus, o Celta converterase este ano no primeiro club estranxeiro en disputalo. O Trofeo Tim 2016 celébrase este mércores 10 de agosto ás 20:45 horas no Mapei Stadium, na cidade de Reggio Emilia. A duración de cada partido do triangular será de 45 minutos e, en caso de empate, realizarase unha quenda de penaltis.

Leave a Reply

five × one =