O Celta pecha a súa xira polo estranxeiro cun empate ante o Leverkusen (3-3)

bayer_leverkusen_celta_vigo_2017.JPG

 

O Celta puxo punto e final á súa xira de partidos en Inglaterra e Alemaña cun empate ante un dos clásicos do fútbol alemán, o Bayer 04 Leverkusen. Os celestes arrincaron o choque fortes, póndose por diante no marcador ao seis minutos de xogo cun bo tanto de John Guidetti. O dianteiro sueco recibiu o balón a pase de Wass e, desde a frontal da área, executou un potente disparo que entrou ao fondo da rede tras golpear o traveseiro.

 

O descanso chegou con máis ocasións para o Bayer e un Celta que, paciente, trataba de manter a posesión do balón sen pasar demasiados apuros. No segundo tempo o técnico céltico Juan Carlos Unzué foi dando entrada a xogadores do banco. No minuto 60 Guidetti apareceu de novo para pór o 0-2 no electrónico, nesta ocasión a pase de Beauvue. Non se relaxou o cadro local que continuou perserverando en busca da remontada… e conseguiuna. En 9 minutos tolos o Bayer marcou tres dianas e puxo ao Celta contra as cordas. Cando o partido enfilaba a súa recta final Sisto lanzou un bo centro ao corazón da área, onde apareceu Maxi Gómez para marcar o seu primeiro tanto como celeste, que supuxo o definitivo 3-3.

 

O Celta regresa a Vigo este sábado e gozará dunha xornada de descanso mañá domingo. O luns os de Unzué regresarán á Madroa para preparar os partidos ante Udinese e Roma que se disputan a próxima semana en Balaídos.

 

FICHA TÉCNICA

3-B.Leverkusen: Leno, Tah, Bender, Mehmedi, Wendell, Kohr, Havertz, Volland, Bellarabi, Henrichs, Kampl.

 

3-Celta: Sergio, Roncaglia, Cabral, Fontàs, Pampín, Radoja, Brais, Wass, Beauvue, Hjulsager e Guidetti. No segundo tempo entraron Iván, Hugo Mallo, Costas, Iago Aspas, Jonny, Sisto, Lobotka, Sergi, Tucu, Jozabed e Maxi.

 

Goles: Guidetti, min.6 (0-1); Guidetti, min.60 (0-2); Mehmedi, min.64 (1-2); Pohjanpalo, min.68 (2-2); Volland, min.73 (3-2); Maxi, min.83 (3-3).

Leave a Reply

2 × four =