O Celta pecha as cesións dos recreativistas Aitor e Quiles

Aitor_Garcia_-_Celta_B.jpg

Reforzos ofensivos para o filial e para o Xuvenil División de Honra

 

O atacante Aitor García (Huelva, 1994) volverá xogar cedido no Celta B esta tempada. O futbolista do Recreativo de Huelva, que chegou en préstamo á disciplina celeste no último mercado invernal, terá esta vez a oportunidade de traballar desde pretempada co filial céltico.

Por outra banda, a entidade viguesa pechou a cesión por unha tempada do dianteiro Alberto Quiles (Huelva, 1995) para a Xuvenil División de Honra. O xogador onubense tamén chega a Vigo procedente do Recreativo de Huelva.

 

Fotografía: Diego Pérez

Leave a Reply

14 − 8 =