O Celta pecha o mes de marzo en San Mamés

LaLiga comunicou os horarios da xornada trinta do campionato, na que o RC Celta enfróntase ao Athletic Club. Os celestes visitan San Mamés o último día do mes de marzo, o sábado 31, ás 16:15 horas. beIN Sports LaLiga retransmite o encontro en directo.