Primeiro Equipo

O Celta, primeiro club na historia con cinco vitorias como visitante na mesma comunidade

RC Celta

record_celta_web_21414.jpg

Os vigueses igualan ademáis o seu récord de triunfos fóra de casa en Primeira División

 

A tempada do 90 aniversario do nacemento do Real Club Celta está a fabricar estatísticas e datos tan curiosos como positivos, que sitúan ao club na historia. Esta campaña, o Celta converteuse no único equipo de Primeira División desde a súa creación que sumou cinco vitorias como visitante na mesma comunidade autónoma. E ademais, os celestes igualaron a súa marca de triunfos fóra de casa na máxima categoría do fútbol español con dúas oportunidades por diante para superar este rexistro.

 

Coa súa brillante vitoria en Almería, o Celta sumou cinco en Andalucía esta campaña, superando así os rexistros logrados por grandes clubes a través da historia. Barcelona e o Real Madrid sumaran catro triunfos en Euskadi a principios dos anos 30, mentres que o Atlético de Madrid igualara esa cifra en Andalucía na tempada 1967/1968.

 

O Real Club Celta iniciou a súa serie de cinco vitorias en terras andaluzas no segundo partido de Liga, ante o Betis no pasado mes de agosto: venceu no Benito Villamarín por 1-2 (Charles e Nolito).

 

Despois chegaron a contundente vitoria na Rosaleda ante o Málaga, 0-5 (Álex López, 2, Augusto, Nolito e Charles), o triunfo no Sánchez Pizjuán ante o Sevilla, 0-1 (Álex López), o asalto aos Cármenes en Granada, 1-2 (Cabral e Augusto), e a goleada en Almería, 2-4 (Nolito, 2, Charles e Orellana). En Andalucía, os celestes anotaron catorce goles e encaixado só catro.

 

Por outra banda, o Real Club Celta igualou esta tempada os mellores rexistros da súa historia como visitante en Primeira División, con dúas oportunidades por diante para melloralos, xa que aínda restan os partidos en Pamplona e Valencia.

 

Os célticos lograran sete vitorias fóra de casa nas tempadas 2002/2003, con triunfos ante Sevilla, Recreativo, Valencia, Valladolid, Mallorca, Atlético de Madrid e Osasuna, e clasificación final para a Champions League, e na campaña 2005/2006, con vitorias fronte a Real Madrid, Vilarreal, Málaga, Rácing de Santander, Atlético de Madrid, Betis e Deportivo e clasificación para a UEFA.

 

Nesta tempada especial do 90 aniversario, o Celta venceu ao mencionados cinco equipos andaluces e a Vilarreal e Levante e aínda debe visitar a Osasuna e Valencia.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas