O Celta recibe a Jozabed este venres ás 12:00 en Balaídos

jozabed.jpg

Jozabed Sánchez seguirá sendo xogador do RC Celta. O futbolista andaluz, comprometido co club vigués ata 2021, chegará a Vigo este venres para ser presentado a partir das 12:00 horas no estadio de Balaídos. Os afeccionados poderán acceder a Tribuna Baixa pola porta 11 para dar a benvida a Jozabed, presenciar a tradicional sesión de fotos e conseguir o seu autógrafo ou un dos balóns asinados que lanzará á bancada.

Leave a Reply

six + eighteen =