O Celta recibe ao Real Madrid o domingo 7 de xaneiro

LaLiga confirmou os horarios da xornada 18, na que o RC Celta recibe ao vixente campión da Champions League: Real Madrid. Balaídos acollerá o duelo entre celestes e brancos o domingo 7 de xaneiro ás 20:45 horas, un partido para o que as entradas e suplementos xa están á venda.