O Celta recupera a todos os seus internacionais

Juan Carlos Unzué por fin conta co seu plantel ao completo. Tras o regreso do dianteiro sueco John Guidetti onte, este mércores incorporáronse aos adestramentos na Madroa os outros cinco internacionais celestes que foron convocados en novembro polas súas seleccións: Iago Aspas (España), Sisto (Dinamarca), Lobotka (Eslovaquia), Maxi Gómez (Uruguai) e Iván Villar (España Sub-21).

Coa sesión deste xoves e a de mañá venres, Unzué dispón de dous adestramentos con todo o cadro de xogadores para preparar o partido de Liga ante o Sevilla FC (18:30, Sánchez-Pizjuán, beIN Sports LaLiga).