O Celta regresa ao Torneo Internacional de Gyeongju en Corea do Sur

Celta2005_viaje_a_Corea.jpg

 

O Celta Infantil B puxo rumbo a Corea do Sur este mércores para disputar o Torneo Internacional de Gyeongju, unha prestixiosa competición na que o RC Celta xa suma catro participacións. O equipo vigués iniciou a súa viaxe desde o Aeroporto de Peinador, ata onde se achegou o presidente Carlos Mouriño para despedirse da expedición e animar aos mozos a gozar ao máximo a extraordinaria experiencia que están a piques de vivir.

 

Do 27 ao 31 de agosto, os canteiráns celestes mediranse a conxuntos de países como Xapón, Francia, Australia ou Brasil, entre outros. Encadrado no grupo B, o Celta xogará na fase de grupos contra o Nara City (Xapón), Gabala City (Acerbaixán), Ichinomiya FC (Xapón) e o Cheongyong (Corea do Sur). Os dous primeiros clasificados de cada grupo pasarán a cuartos de final, mentres que os conxuntos eliminados disputarán encontros amigables.

 

O Torneo Internacional de Gyeongju xa é un clásico na programación de torneos da canteira céltica, cuxa participación continuada responde o convenio de colaboración que o club vigués e a súa Fundación mantén coa Federación Coreana de Fútbol.

 

A presenza do RC Celta no Gyeongju International Youth Football é parte do importante convenio de colaboración que a entidade galega mantén coa Federación Coreana de Fútbol.

Leave a Reply

19 + six =