Primeiro Equipo

O Celta regresou ao traballo cun partido de adestramento

RC Celta

O primeiro equipo mediuse a dous conxuntos formados por xogadores das categorías inferiores

 

O Celta regresou esta tarde ao traballo no Estadio de Balaídos cunha sesión de adestramento que incluíu un partidillo contra xogadores das categorías inferiores.

 

A primeiro parte Javi Varas, Antón, Samuel, Cabral, Bellvís, Oubiña, Natxo Insa, Toni, Orellana, Krohn-Dehli e Aspas formaron o once do primeiro equipo, fronte a un conxunto formado por futbolistas do Celta B: Rubén Blanco, Soto, Víctor Vázquez, Maestre, Maceira, Kevin, Borja, Moreira, Marcos Torres, Félix e Camochu.

 

O primeiro equipo chegou ao descanso por diante no marcador grazas a un gran gol de Toni, que enchufó a pelota por toda a escuadra. Na segunda parte houbo cambios en ambos os onces. Polo primeiro equipo xogaron Rubén Blanco, Jonny, Samuel, Cabral, Bellvís, Madinda, Fede, Toni, Álex López, Añón e o xuvenil Adrián; mentres que o outro equipo estivo formado case na súa totalidade por xogadores da Celta División de Honra: Isra, Miguel, Diego, Víctor Vázquez, Rey, Jordan, Mota, Varela, Oki, Pablo e Berto.

 

David Añón anotou a pase de Toni, Adrián marcou o terceiro gol para o primeiro equipo e, no último minuto, Añón enviou o balón ao fondo da rede cun remate de cabeza que supuxo o 4-0 definitivo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas