iago-aspas-okay-brais-mendez-betis-celta-benito-villamarin-liga-041118.jpg
Primeiro Equipo

O Celta remonta dous goles e roza a vitoria ante o Betis (3-3)

RC Celta

O Celta, con orgullo e calidade, logrou remontar na segunda metade un dous a cero en contra cun golazo de Brais Méndez e un doblete de Maxi Gómez. O Betis empatou de novo a falta de tres minutos e despois o larguero evitou a vitoria celeste tras un saque de falta de Iago Aspas.

A primeira metade foi un xogo de erros, o Betis aproveitou unha das súas ocasións e o Celta non puido definir as súas. Aos 33 minutos tras un saque do porteiro, un desajuste celeste e moi poucos toques Loren bateu a Sergio no man a man. Pau López evitou cun par de boas paradas as mellores chegadas celestes con Brais e Emre Mor como protagonistas.

Tralo descanso, de novo Pau López evitou o tanto celeste cunha gran intervención a un remate de socato de Emre Mor. Aos 12 minutos, mala sorte nos rexéitos para os celestes e balón solto para que Junior marque a pracer.

Pouco despois, Maxi Gómez, que acababa de entrar, cabeceou á rede un centro de Hjulsager. E despois, obra de arte de Brais Méndez para empatar: control e gran zurdazo. A falta de seis minutos, Maxi Gómez anotou o seu segundo tanto tras un gran centro de Hjulsager. O Celta remontara un dous a cero adverso na segunda metade. Pero o Betis, cunha falta de Canales empatou dous minutos despois.

Iago estrelou o balón na escuadra un minuto despois e Juncá rematou desviado o rexeite. Aí estivo a vitoria.

FICHA TÉCNICA

3-R Betis: Pau López, Francis (Joaquin, min.80), Mandi, Bartra, Sidnei, Junior; Willliam, Guardado, Lo Celso, Canales e Loren (Sanabria, min.80).

3-RC Celta: Sergio; Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Juncá; Beltrán, Okay, Brais Méndez (Araujo, min.89); Emre Mor (Maxi Gómez, min.61), Boufal (Hjulsager, min.46) e Aspas

Goles: 1-0, min.33: Loren; 2-0, min.53: Junior; 2-1, min.63: Maxi Gómez; 2-2, min.69: Brais; 2-3, min.84: Maxi Gómez; 3-3, min.87: Canales.

Árbitro; Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a Juncá, Okay, Junior. Canales, Mandi. Expulsou a Antonio Mohamed.

Campo: Benito Villamarín.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas