Primeiro Equipo

O Celta segue a medrar: bo xogo e ambición en Norwich

RC Celta

norwich-celta-borjafdez.jpg

Os vigueses encaixaron dous tantos nos primeros minutos e dominaron por completo despois (2-2)

 

O Celta segue crecendo e mellorando. Superou cun bo fútbol e ambición un comezo no que se viu sorprendido pola efectividade do voluntarioso Norwich e logrou igualar dous tantos de desvantaxe. Creou numerosas ocasións, con dous paus incluídos, e mereceu moito máis. Nolito e Krohn-Delhi foron os goleadores.

 

Espectacular o aspecto do céspede de Carrow Road e gran ambiente de fútbol neste primeiro partido da xira inglesa do Celta ante un rival que se presentaba ante a súa entregada e animosa afección.

 

O equipo vigués arrincou cunha presión moi adiantada e posesión pausada nas transicións. A primeira ocasión chegou ao catro minutos cunha gran xogada de Santi Mina, quen se foi de varios contrarios na frontal e lanzou da raia coa esquerda moi preto do pau dereito da meta local.

 

Si acertou o Norwich ao seis minutos nun balón ás costas da defensa celeste cara a Lewis Grabban, quen, en posición moi dubidosa, avanzou cara a Rubén e marcou.

 

Tras un bo disparo de Álex López que atrapou ben o porteiro, Grabban, aos 12 minutos, volveu marcar. Esta vez empuxou o coiro na área pequena tras un centro desde a liña de fondo. Os locais acertaran nas súas dúas chegadas a porta.

 

O Norwich, á contra, mostraba unha gran efectividade que sorprendeu aos celestes no tramo inicial do partido. Tampouco axudaba o colexiado, que non sinalou un claro penalti a favor dos célticos cumprido o cuarto de hora de xogo por unha man que evitou un remate franco de Santi Mina.

 

O dominio do Celta era absoluto e as chegadas constantes. O empeño obtivo os seus froitos aos 27 minutos cun pase maxistral de Krohn-Dehli cara a Nolito, quen cruzou con precisión ante a saída de Ruddy. Dous minutos despois, Larrivey rematou ao pau.

 

O conxunto local era incapaz de superar a presión celeste e levaba moitos minutos sen saír do seu campo, sen poder lanzar as contras que tanto rédito lle deron ao principio do encontro.

 

Xa no tramo final, o Celta seguía apertando e sumando chegadas ante un rival completamente superado, aínda que sempre ordenado e firme en defensa. Aos 37 minutos, a meta local parou ben un lanzamento de falta de Nolito e pouco despois Álex López rematou por encima do traveseiro desde a frontal tras unha boa xogada pola dereita.

 

E aos 40 minutos Ruddy desviou un remate de socato de Larrivey tras un bo pase de Nolito. Colección de chegadas celestes, con moi bo xogo e unha enorme ambición na presión e nos metros finais.

 

Aos 43 minutos, golazo para un empate máis que merecido, moi curto. Nolito cedeu atrás e Krohn-Dehli enganchou un gran disparo desde da área para anotar un belo tanto. Un minuto despois, xenial parede entre Larrivey e Nolito e remate ao pau do andaluz.

 

Na primeira metade, o Celta, de menos a máis, ofreceu unha moi boa imaxe e puido anotar un bo puñado de goles, aínda que se foi con empate tras remontar un dous a cero que chegou moi pronto.

 

Tras o descanso, con cinco cambios nos celestes, non cambiou a tendencia. O Celta dominaba, realizaba un bo xogo e chegaba con frecuencia. Aos 7 minutos, Charles, con pouco ángulo rematou ao lateral da rede tras un pase de Krohn-Dehli.

 

O Celta brillaba, cunha gran velocidade de circulación, moito xogo ao primeiro toque e movementos constantes. Sen balón, presión desde arriba, con fiereza. As ocasións seguían chegando a pesar de que os numerosos cambios retardaron o xogo.

 

O partido chegou ao tramo final máis igualado e con ocasións para ambos. Excelente proba para os vigueses.

 

FICHA TÉCNICA

2-Norwich City: Ruddy, Whittaker, Martin (Bennet, min.84), Turner, Olsson (Garrido, min.75), Johnson, Surman, Grabban, Hoolahan (Hoper, min.81), Redmond (loza, min.84) e Lafferty (Bennet, min.57)

 

2-R.C.Celta: Rubén, Jonny (Hugo Mallo, min.46), Sergi Gómez (Cabral, min,46), Fontás (Costas, min.59), Planas (Samuel, min.63), Borja Fernández (Goldar, min.72), Álex López (Madinda, min.46), Krohn-Dehli (Jordan, min.59), Santi Mina (Orellana, min.46), Nolito (Yelko, min.75) e Larrivey (Charles, min.46)

 

Goles: 1-0, min.6: Grabban; 2-0, min.12 Grabban; 1-2, min.27: Nolito; 2-2, min.43: Krohn-Dehli

 

Árbitro: Graham Horwood

 

Campo: Carrow Road, uns 20.000 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas