Primeiro Equipo

O Celta segue medrando en pretempada: vitoria ante o Pescara (1-2)

RC Celta

pescara_celta_web_6816.jpg

 

Proveitoso partido de preparación do Celta, de novo intenso e brillante en diversas fases ante un voluntarioso Pescara, que non puido cos vigueses. Naranjo desequilibrou o partido na primeira metade, empatou na segunda o Pescara e Iago Aspas anotou o tanto da vitoria celeste no tramo final. Sisto disputou os seus primeiros minutos, con boas accións, como céltico.

 

O encontro comezou con bo ritmo, ocasións en ambas as portarías e certa timidez á hora de definir que evitou que o partido se desequilibrase. Aos 15 minutos, o Celta, que se ía asentando no partido, si aplicou decisión e precisión. Bo centro de Hugo Mallo desde a dereita e cabezazo de Naranjo á rede.

 

Até o descanso, moita intensidade, maior control do Celta e ocasións esporádicas sen froito.

 

Tras o descanso fóronse debullando cambios no equipo celeste e entre os que se incorporaron, Pione Sisto, quen gozou dos seus primeiros minutos como céltico.

 

O Pescara empatou o choque aos 27 minutos tras unha contra culminada por Manaj. O Celta volveu adiantarse no tramo final, con merecemento, cun tanto de cabeza de Iago Aspas. Bo test para os vigueses, que suman unha nova vitoria en Italia.

 

1-Pescara: Calcio: Bizarri, Zamparo, Biraghi, Coda, Zuparic, Memushaij, Manaj, Benali, Verre, Caprari y Brugman. También jugaron Fiorillo, Cristante, Creszenci, Nicastro, Bruno, Mitrita, Selasi, Bulevardi

 

2-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo (Lemos, min.60), Cabral (Sergi Gómez, min.46), Costas (Roncaglia, min.60), Planas (Jonny, min.60), Marcelo Díaz (Wass, min.46), Pape (Brais, min.31), Orellana (Señé, min.46), Drazic (Sisto, min.60), Naranjo (Bongonda, min.60) y Guidetti (Iago Aspas, min.60)

 

Goles: 0-1, min.15: Naranjo; 1-1, min.72: Manaj; 1-2, miun.81: Iago Aspas

 

Árbitro: Valeri Di Roma

 

Campo: Teófilo Patini

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas