O Celta sofre en Girona a súa primeira derrota (3-2)

O Celta sufriu en Girona a súa primeira derrota da tempada (3-2) nun partido no que  tentou todo, pero sen fortuna nin fluidez nalgunhas fases e ante un rival moi ordenado, acertado e con gran oficio. Iago Aspas anotou o primeiro gol celeste cun gran lanzamento de falta e Boufal o segundo no tramo final. Cabral foi expulsado con dobre amarela.

Ida e volta desde o inicio, con ambos equipos decididos a buscar a área rival e un Celta brillante nas combinacións e axustado na presión. No primeiro cuarto de hora, Sergio luciuse ante Portu e Sisto e Maxi asustaron con dous bos remates.

Aos 22 minutos, cando máis dominaba o Celta, centro desde a esquerda e cabezazo de Stuani para anotar. Xogada illada, sen elaboración, que piso ao Girona, que estaba sufrindo, con vantaxe. O Celta cambaleouse un tanto, perdeu fluidez e deixou de xerar perigo. Fíxoo a vos 34 minutos e de xeito contundente, cun golazo de Iago Aspas. Lanzamento maxistral de falta do canteirán para empatar o choque. Pouco durou a alegría. Aos 37 minutos, Alcalá marcou tras un saque de esquina.

Trala reanudación, con Boufal por Júnior, o Celta saíu decidido a empatar canto antes, aínda que se atopou a un rival moi pechado atrás. O dominio era abafador, pero una contra, con moita fortuna, serviulle ao Girona para aumentar a súa vantaxe. Os celestes intentárono con empeño ante un Girona encerrado no seu campo e disposto a contragolpear, complicada labor. Boufal, tras unha longa xogada, acurtou distancias a falta de tres minutos para o final cun bo remate. Maxi puido empatar no último instante, pero o seu cabezazo detívoo Bono.

 

3-Girona FC: Bono, Pedro Porro, Bernardo, Alcalá, Juanpe, Aday (Munisea, min.84),  Douglas Luiz, Granell, Borja García (Roberts, min.67), Portu (Aleix García, min.88), Stuani.

2-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Araujo, Cabral, Júnior Alonso (Boufal, min.46), Lobotka, Beltrán (Brais, min.75), Iago Aspas, Maxi Gómez, Sisto (Dennis, min.66).

Goles: 1-0, min.22: Stuani; 1-1, min.34: Iago Aspas; 2.1, min.37: Alcalá; 3-1, min.56: Stuani; 3-2, min.87: Boufal

Árbitro: Javier Alberola Rojas, do comité de Castela-A Mancha. Expulsou con doble amarela a Cabral (min.92)  e amonestou a Beltrán, Douglas.

Campo: Montilivi