Primeiro Equipo

O Celta sofre un excesivo castigo en La Cerámica (4-1)

RC Celta

O RC Celta sufriu unha derrota inxustamente avultada ante o Villarreal. O partido estivo protagonizado por varias accións polémicas, como dous posibles penaltis e un gol local en fóra de xogo, pero tamén por erros defensivos por parte dos vigueses e unha gran efectividade dos amarelos, cun Bacca en estado de graza que asinou unha tripleta.

Sisto igualou no primeiro tempo o tanto inicial do dianteiro colombiano, pero apenas dous minutos despois, Bacca adiantou de novo ao Villarreal. Pouco despois, o terceiro. Tras a continuación o Celta, que xogara un bo primeiro tempo, seguiuno tentando pero con menos frescura. Os castellonencos selaron a vitoria no tempo de desconto cunha diana de Samu Castillejo.

A próxima semana xógase o derbi galego en Balaídos, un partido que o Celta está obrigado a gañar para seguir aspirando á sétima praza ata o final.

FICHA TÉCNICA

4-VILLARREAL: Mario, Álvaro, Víctor Ruiz, Rukavina, Trigueros, Rodrigo, Castillejo, Raba (Fornals, min.59), Cheryshev (Sansone, min.85), Bacca (Unal, min.77).

1-CELTA: Sergio, Hugo Mallo (Tucu, min.74), Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass, Jozabed (Emre Mor, min.81), Brais (Boyé, min.68), Sisto, Maxi Gómez.

Goles: Bacca (1-0, min.13), Sisto (1-1, min.34), Bacca (2-1, min.35), Bacca (3-1, min.38), Castillejo (4-1, min.93).

Árbitro: Alberola Rojas, do comité castelán-manchego. Amonestou a Bacca, Castillejo (Villarreal).

Campo: La Cerámica.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas