Primeiro Equipo

O Celta sucumbe na inauguración de San Mamés nun partido espectacular (3-2)

RC Celta

 

c1543785 l

Os celestes fallaron unha pena máxima. Charles e Santi Mina anotaron os goles dos vigueses

 

 

Partido vibrante, intenso, espectacular na inauguración de San Mamés, onde o Celta, que fallou un penalti, sufriu a súa primeira derrota da tempada (3-2). Os celestes dispuxeron de boas ocasións, pero non lograron superar a un Athletic moi motivado. Charles e Santi Mina, quen debutou esta tempada, anotaron os dous goles celestes.

 

Arranque frenético dun partido histórico, cun elevadísimo ritmo de xogo e chegadas continuadas, en especial dun Athletic moi motivado e agresivo. Ao Celta tocoulle aguantar o ballón inicial dos locais, aínda que sempre coa intención de irse arriba á mínima ocasión.

 

Aos 8 minutos, Herrera lanzou desviado tras un rexeite da zaga celeste, que sufría o acoso constante dos bilbaínos, cuxa presión en campo celeste era brutal. Pero o Celta estaba. E fixo historia. Rafinha roubou en tres cuartos de campo, foise como un raio cara á meta rival e cedeu á chegada de Charles, quen bateu con tranquilidade a Herrerín, Primeiro gol do novo campo de San Mamés.

 

O segundo chegou enseguida. E con mala fortuna para os vigueses. Centro lateral ao que non chega ninguén, o coiro rebota en Hugo Mallo e cáelle a San José, quen cruza ben á rede. Golpe de fortuna para os locais, que mantiñan unha presión e unha ambición feroces.

 

O Celta reaccionou con caste e encadeou varias chegadas con perigo nun partido frenético, espectacular, que cada vez máis viraba cara ao lado dos vigueses. Aos 25 minutos, gran contra celeste con derriba de Herrerín a Nolito na área. O penalti lanzouno alto Charles. Oportunidade perdida para os celestes, que nesa fase do choque asustaban.

 

Na fase final, ida e volta constante, sen tregua, unha delicia para os espectadores. Aos 41 minutos, xogada magnífica do Celta, con pase final de Nolito a Charles, cuxo lanzamento picado saíu fóra por moi pouco. Outra ocasión excelente para un Celta fantástico, que encerrou ao Athletic nos instantes finais cun xogo espectacular.

 

Tras a continuación, máis pausa no xogo, pero a mesma intención en ambos os equipos, atacar. Había máis imprecisións e o Athetic dominaba o xogo, alargando as súas posesións. E así logrou marcar o segundo, tras unha gran xogada colectiva. Aos 16 minutos, Iralola rompeu polo centro, recibiu de Muniain e marcou cun bo disparo.

 

O Celta foise arriba en busca do empate. Apoderouse do coiro e comezou a triangular á espera de atopar espazos. Pero o que os atopou foi o Athletic, ás costas da zaga. Beñat, en posición dubidosa, penetro, recortou e marcou con maestria. Duro pau para o Celta, que trataba de reverter a súa situación e atopouse cunha poutada local.

 

 

No tramo final chegou un debut esperado esta tempada, o de Santi Mina. Fíxoo con gol, un cabezazo a centro de Toni, anticipándose a Herrerín, a falta de doce minutos. O Celta volvía ao partido da man do novísimo internacional. Tentouno até o final, pero non pido levar nada positivo neste día da inauguración de San Mamés. Primeira derrota da tempada.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

3-Athletic Club: Iago Herrerín, Iraola, Aymeric, San José, Gurpegi, Morán, Beñat (De Marcos, min.81), Ander Herrera (Mikel Rico, min.69), Muniain (Ibai, min.73), Susaeta e Aduriz.

 

2-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni, Oubiña, Álex López (Madinda, min.71), Rafinha, Augusto (Santi Mina, min.71), Charles e Nolito (Orellana, min.76).

 

Goles: 1-0, min-13: Charles; 1-1, min.18: San José; 2-1, min.61; Iraola; 3-1, min.67: Beñat; 3-2, min.78: Santi Mina

 

Árbitro: Gil Manzano, do comité extremeño. Amonestou a Nolito, Hugo Mallo, Rafinha, Hererín, Iraola

 

Campo: San Mamés. Neste partido celebrouse a inauguración do campo con diversos actos previos á disputa do encontro

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas