Hemeroteca canteira

O Celta, terceiro clasificado no Torneo Internacional de Gyeongju

RC Celta

gyeongju-3erpuesto-ok.jpg

O canteirán celeste Hugo Álvarez foi elexido mellor xogador do campionato

 

O Celta Infantil B conseguiu o terceiro posto do Torneo Internacional de Gyeongju tras vencer na quenda de penaltis ao Corinthians brasileiro. Os celestes medíronse a un rival moi competitivo ante o que asinaron un empate sen goles no tempo regulamentario. Con este terceiro posto os canteiráns celestes superan o rexistro asinado polo club vigués na súa anterior participación neste campionato, no que foran eliminados en cuartos de final.

 

As boas noticias para a canteira céltica tamén chegaron nos recoñecementos individuais. O canteirán Hugo Álvarez foi elixido pola organización como o mellor xogador do torneo.

 

O RC Celta e a Fundación Celta continúan traballando para expandir a marca celeste máis aló das nosas fronteiras e tamén para ofrecer aos seus xogadores e técnicos a oportunidade de participar en experiencias únicas que lles farán crecer no deportivo e no humano.

 

mvp-gyeongju-ok.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas