O Celta visita á UD Las Palmas un luns ás 21:00

LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 8, na que o RC Celta visita o campo da UD Las Palmas. Os de Unzué mediranse ao conxunto canario o luns 16 de outubro ás 21:00 horas, un partido que retransmitirá en aberto GOL.