O Celta volve asaltar Ipurúa e toma vantaxe na Copa (1-2)


O Celta volveu superar ao Eibar en Ipurúa e adquiriu unha valiosa vantaxe na ida dos dezaseisavos de final da Copa do Rei. Cabral e Guidetti anotaron os tantos celestes nun choque que foi de máis a menos e acabou con triunfo dun serio conxunto vigués.

O equipo celeste arrincou do mellor xeito posible. Aos tres minutos, tras un gran despexe de Riesgo a un lanzamento de falta de Guidetti, Hugo Mallo puxo un marabilloso centro coa zurda que Cabral rematou con poderío á rede.

Os celestes xogaban con solvencia e comodidade e dispuxeron de varias chegadas con moito perigo, pero foi o Eibar, aos 18 minutos, o que acertou. Enrich anotou o empate cun certeiro remate na área pequena tras un centro desde a esquerda.

Os locais reactiváronse tralo gol, pero sen ocasións, e o Celta retomou o dominio do choque con longas combinacións e vértigo arriba. A falta de tres minutos para o descanso, Guidetti piso de novo en vantaxe aos célticos cun bo cabezazo tras un gran centro de Hjulsager.

A segunda metade foi menos fluída, con máis interrupcións e menos xogo. O Celta sostivo sen problemas a súa vantaxe, valiosa, para encarar con tranquilidade o partido de volta en Balaídos.

1-SD Eibar: Riesgo, Juncá, Lombán, Gálvez (Arbilla, min.63), Paulo, Sarriegi, Rivera, Jordán (Inui, min.72) Rubén Peña, Bebé (Kike, min.83) e Sergi Enrich.

2-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Radoja, Brais (Pablo Hernández, min.72), Jozabed (Wass, min.63), Emre Mor, Hjulsager e Guidetti (Maxi Gómez, min.80).

Goles: 0-1, min.3: Cabral; 1-1, min.18: Enrich; 1-2, min.43: Guidetti.

Árbitro: Undiano Mallenco, do comité navarro. Amonestó a Oliveira, Lombán, Sarriegi.

Campo: Ipurúa, 3.432 espectadores.