Hemeroteca canteira

O Celta volve ‘copar’ a Selección Española Sub-19 con catro xogadores convocados

RC Celta

muralcanteira2013.jpg

Santi Mina, David Costas, Rubén Blanco e Yelko mediranse á República Checa en Valencia

 

O Real Club Celta recibe unha vez máis con gran satisfacción unha convocatoria da Selección Española Sub-19. O club vigués é o que máis xogadores achega, catro, ao combinado nacional para un partido de preparación ante a República Checa. Os convocados celestes son Santi Mina, Rubén Blanco, Yelko Pino e David Costas.

 

Os célticos, xa consolidados nas categorías inferiores de España, concentraranse o día 25 de novembro e regresarán dous días despois. O partido de preparación ante a República Checa disputarase o día 26 en Burjassot, Valencia.

 

A canteira do Real Club Celta segue “fabricando” xogadores internacionais e nutrindo de futbolistas ao primeiro equipo, no que tres dos catro seleccionados pola Sub-19 xa disputaron encontros oficiais en Primeira División.

 

O club ve referendada desta maneira a súa decidida aposta pola canteira, cuxa achega é sen dúbida un enorme motivo de orgullo para a entidade e a afección.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas