O Celta Xuvenil A non pode co líder en Santander

Os celestes caeron ante o Racing por dous tantos a cero

 


O Real Club Celta Xuvenil de División de Honor non puido esta mañá na Albericia co líder, o Racing de Santander, que superou aos célticos por dous tantos a cero. Os locais adiantáronse na primeira metade tras un saque de esquina e selaron o seu triunfo no tramo final do partido cun lanzamento de penalti. O Celta dispuxo de ocasións para polo menos empatar o choque, pero non foi certeiro e con esta derrota perde boa parte das súas opcións de revalidar o seu título de Liga. 

Leave a Reply

nineteen + 2 =