O Celta Xuvenil elimina ao Athletic e clasifícase aos cuartos de final da Copa do Rei

juvenila-1415.jpg

Os celestes venceron esta mañá na Madroa por 2-0 e na ida fixérono por 0-4

 

O Celta Xuvenil de División de Honra eliminou con rotunda claridade ao Athletic Club nos oitavos de final da Copa do Rei. Os canteiráns celestes, que na ida venceron 0-4, certificaron a súa superioridade cun novo triunfo na volta da eliminatoria. Cun tanto de Adrián Rodríguez no primeiro tempo e outro de Adrián Iglesias na segunda parte, os de David de Dios sentenciaron o duelo ante o cadro vasco. Este luns coñecerase ao rival do Celta nos cuartos de final do torneo.

Leave a Reply

16 − fourteen =