O Celta Xuvenil inicia a súa participación na Copa ante a Real Sociedad

juvenil_a_-_real_sociedad_-_1314.jpg

O club anima a todos os afeccionados a acudir á Madroa (12h) para animar aos canteiráns celestes

 

O Celta Xuvenil inicia a súa participación na Copa do Rei este domingo ante a Real Sociedad (12h, A Madroa). Os celestes buscarán un bo resultado en casa que lles permita afrontar con vantaxe a volta destes oitavos de final, que terá lugar o 25 de maio en Zubieta. Os canteiráns vigueses medíronse recentemente á Real Sociedad no torneo internacional que organiza todos os anos o club donostiarra. O cadro adestrado por David Sierra alzouse co título de campión tras vencer entre outros ao conxunto txuri-urdin.

 

O club anima a todos os afeccionados a acudir o domingo ás instalacións deportivas da Madroa para gozar dun importante evento de canteira e alentar aos futbolistas célticos cara á vitoria.

Leave a Reply

three × four =