presentacion_emre_mor_celta_3.jpg
Primeiro Equipo

O celtismo brinda unha calurosa e multitudinaria benvida a Emre Mor

RC Celta

presentacion_emre_mor_celta_3.jpg

 

Emre Mor xa sente a calor do celtismo. Uns 3.000 ilusionados e entregados celtistas, que gozaron de música e animación desde antes da chegada do futbolista, deron a mellor das benvidas posibles ao novo xogador do RC Celta. Tras atender aos medios de comunicación, Mor deleitou aos asistentes cunha demostración do seu talento e habilidade co balón, contestou o público unha decena de preguntas formuladas polos afeccionados en Twitter ao longo dos últimos días, lanzou balóns á bancada e pechou o acto asinando autógrafos e fotografándose cos asistentes.

 

“Vin para xogar bo fútbol, como fixo sempre o Celta”, asegurou Mor na súa rolda de prensa de presentación, na que estivo acompañado na súa presentación polo vicepresidente Pedro Pousada e o director deportivo Felipe Miñambres. O internacional turco mostrouse feliz por poder xogar na liga española e, preguntado sobre por que se decidiu polo Celta, afirmou que veu a Vigo “porque o club cre en min” e “sobre todo porque o Celta fai bo fútbol”.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas