Hemeroteca celtismo

O celtismo despedirá a tempada do 90 aniversario cunha gran festa en Balaídos

RC Celta
cartel_festa_90_aniversario_okok.jpg
Amplias zonas para actuacións, concertos, gastronomía a prezos populares e actividades gratuitas

 

Os actos do 90 aniversario do Real Club Celta terán un gran colofón o vindeiro domingo nas inmediacións do estadio de Balaídos, que acollerán un gran número de propostas lúdicas e de lecer para a afección celeste. Desde horas antes do comezo do partido ante o Real Madrid, o último da tempada en casa, até preto da media noite haberá actuacións, concertos, atraccións, actividades gratuítas para os nenos e moitas máis propostas.

A festa de peche do 90 aniversario do club, que terá lugar fronte ao estadio de Balaídos no amplo espazo que transcorre desde a chaira situada tras a bancada de Marcador até a zona das pistas de atletismo, comezará ás 12.00 do mediodía con concertos e actuacións musicais, que terán continuidade até a hora do comezo do encontro, as 19.00, e proseguirán unha vez concluído o partido.

 

Desde o mediodía estarán ademais en funcionamento numerosas atraccións e actividades para os máis pequenos ás que poderán acceder gratis de maneira ilimitada. Os nenos terán unha zona específica para eles, situada tras a bancada de Marcador, na que, entre outras actividades, poderán gozar de maneira gratuíta de globoflexia, actuacións de pallasos e diversos inchables, entre outras propostas.

 

Na zona central haberá casetas de restauración xestionadas por Catering Don Pepe, cunha ampla oferta de produtos, varias barras de bebidas repartidas polo recinto nas que se servirán refrescos de asínaa Coca Cola e cervexa de Estrella Galicia, todo iso a prezos populares.

 

STANDS DEL R.C.CELTA E A FUNDACIÓN

O Real Club Celta e a súa Fundación habilitarán ademais unhas zonas específicas para os afeccionados celestes con numerosas actividades gratuítas. Nestas casetas, nenos e maiores poderán porse en mans de maquilladores para que lles pinten o rostro co escudo ou as cores do Celta (vídeo promocional con Rafinha: http://goo.gl/6KAsRf), gozar de espectaculares murais xigantes para tomarse fotografías -un once do Celta, xogadores etc-. Ademais na caseta do Celta haberá unha gran pantalla con vídeos dos goles da presente tempada, unha exposición das ilustracións de Pablo Rosendo, unha fotografía a tamaño real dun once inicial do Celta na que os afeccionados poderán ‘converterse’ nun dos futbolistas, realizarase un sorteo dun equipamento completo do primeiro equipo…

 

Na caseta da Fundación Celta de Vigo, ademais de maquilladores, futbolistas do Real Club Celta, maxia, globlofexia, xogos tradicionais, talleres de maquillaxe, taller de decoración de doces, photocall e un espazo reservado para a recollida de alimentos en favor da Fundación Amigos de Galicia.

 

O peche da festa terá como protagonista a Orquéstra Panorama, que completa un amplo cartel de actuacións e concertos cuxo contido se irá facilitando nos próximos días.

 

MOSAICO, CONFETI E SORPRESAS NO INTERIOR DE BALAÍDOS

Esta gran festa de despedida dos actos do 90 aniversario do club terán continuidade no interior do estadio de Balaidos, que rexistrará un ambiente extraordinario no partido ante o Real Madrid, con todas as entradas xa vendidas.

 

Para que os actos no interior de Balaídos resulten un éxito, os afeccionados deben acceder ao campo non máis tarde das 18.30 horas, xa que ao tratarse dun partido con horario unificado, os xogadores deberán estar no terreo de xogo ás 18.45 horas. No momento no que abandonen o túnel de vestiarios, Balaídos lucirá un espectacular mosaico coas cores celestes e diversas lendas alusivas ao club e ao seu aniversario.

 

Os afeccionados deberán levantar as cartolinas situadas sobre os seus asentos. Na cara interior das cartolinas poderase ver información sobre a Fundación e os seus Campus de Verán. Xusto antes do comezo do encontro, lanzarase confeti desde varios canóns situados en diversas zonas do campo.

 

Á conclusión do partido, cos xogadores celestes no centro do campo, proxectarase nos videomarcadores un vídeo sobre o 90 aniversario do club, xusto antes da sorpresa final.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas