O celtismo envórcase co equipo: mañá ás 10.00 póñense á venda as últimas 600 entradas

A afección celeste estase envorcando unha vez máis co equipo, que este sábado ás 13.00 horas recibe ao Leganés nun encontro vital na loita pola permanencia. Consciente da inmensa influencia da grada no ánimo dos xogadores, o celtismo acudiu de maneira masiva esta semana ás billeteiras do estadio para arroupar ao equipo neste trascendental choque.

Nas billeteiras do estadio, que estarán operativas mañá a partir das 10,00 horas, poñeranse a disposición dos afeccionados celestes as últimas 600 entradas dispoñibles. O coliseo celeste presentará un gran ambiente nun encontro que debe servir para referendar a melloría do equipo de Óscar García e afastar a un rival directo como o Leganés.