O central do xuvenil David Costas seguirá no Celta as próximas cinco tempadas

david costas renueva

O xoven defensor vigués acumula xa un bo número de adestramentos co primeiro equipo 

 

O Real Club Celta pechou a continuidade doutro xoven valor da canteira. O central do Xuvenil de División de Honra David Costas será celeste as próximas cinco tempadas. O club da desta maneira un novo paso na súa decidida aposta pola canteira.

 

David Costas Cordal (Vigo, 26 de marzo de 1995) acumula xa un bo número de adestramentos co primeiro equipo nas instalacións deportivas de A Madroa, onde exercitouse nas últimas semanas ás ordes de Paco Herrera.

 

O Celta segue reforzando a súa inequívoca aposta pola canteira e nos últimos tempos pechou xa as renovacións de xogadores como Rubén Blanco, Jonny, Santi Mina, Jordan ou Fernán.

Leave a Reply

fourteen − six =