O central Facundo Roncaglia xogará no Club Atlético Osasuna

RC Celta e CA Osasuna pecharon esta tarde un acordo para o traspaso ao club navarro do central Facundo Roncaglia, quen chegou ao conxunto celeste na campaña 2016/2017. O club quere expresarlle ao defensor arxentino o seu agradecemento pola súa dedicación e entrega durante a súa estancia no RC Celta e desexarlle un gran éxito na súa nova etapa deportiva.