O central Sergi Gómez xogará no Sevilla FC

O Real Club Celta e o Sevilla FC pecharon hoxe o acordo para o traspaso dos dereitos federativos do defensa Sergi Gómez. O central catalán chegou a Vigo no verán de 2014 procedente do Barcelona B e disputou un total de 134 partidos co RC Celta nas distintas competicións.

O RC Celta quere agradecer a Sergi Gómez a súa entrega, profesionalidade e compromiso e desexarlle éxito na súa nova etapa profesional.