O centrocampista Martín Fuentes desvincúlase do filial celeste

O centrocampista Martín Fuentes non continúa no filial do RC Celta tras desvincularse da entidade celeste. O club quere expresarlle ao xogador o seu sinceiro agradecemento polo seu comportamento, entrega e profesionalidade durante a súa etapa nas categorías inferiores e desexarlle un gran éxito nos seus novos retos deportivos.