Primeiro Equipo

O centrocampista Pape Cheikh xogará no Olympique de Lyon

RC Celta

pape_cheikh_camiseta_1718.jpg

O Real Club Celta e o Olympique de Lyon pecharon hoxe o acordo para o traspaso dos dereitos federativos do centrocampista Pape Cheikh. O canteirán chegou ao RC Celta en categoría xuvenil e disputou unha vintena de partidos co filial antes de unirse ao primeiro equipo. A pasada campaña participou en 16 encontros de Liga.

 

O Real Club Celta quere expresarlle a Pape o seu máis sincero agradecemento polo seu exemplar comportamento, profesionalidade e entrega durante a súa etapa tanto nas categorías inferiores como no primeiro equipo e desexarlle un rotundo éxito na súa nova andaina no fútbol francés.

 

Pape regresará a Vigo nos próximos dias para despedirse da afección celeste. 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas