O centrocampista Stanislav Lobotka xogará no Nápoles italiano

O RC Celta e o Nápoles chegaron a un acordo nas últimas horas para o traspaso dos dereitos federativos do centrocampista Stanislav Lobotka. O internacional eslovaco disputou preto dun centenar de partidos coa camiseta celeste desde a súa chegada en 2017. O seu gran rendemento durante este tempo permitiulle asentarse como un dos xogadores máis importantes da súa selección nacional.

O RC Celta agradece a Lobotka o seu compromiso e entrega durante as dúas tempadas e media tempadas no club e deséxalle o maior dos éxitos na súa nova etapa profesional.