aaaa.jpg
Hemeroteca club

O club agradece á afección celeste o seu apoio e comportamento exemplar

RC Celta

AAAA

A afección celeste convertiu o derbi nunha gran festa do fútbol galego

 

O Real Club  Celta quere agradecer o comportamento exemplar da afección celeste durante a xornada do derbi galego, tanto nos prolegómenos do encontro coma durante o partido, cun sobresaínte apoio ao equipo durante os noventa  minutos e o respaldo unánime á iniciativa de cantar o himno á saída dos xogadores, unha medida que terá continuidade nos seguintes choques en  Balaídos.

 

A afección celeste  converteu o derbi nunha gran festa do fútbol galego, cun comportamento  exemplar, ausencia de incidentes e apoio ao equipo sen desmaio durante o  partido. O celtismo deu unha verdadeira lección de civismo e compromiso co seu  equipo, ao que alentou de maneira incansable nun partido no que o Celta xogou  case toda a segunda metade con dez xogadores. Esta desvantaxe foi paliada polo  apoio da bancada, totalmente entregada co conxunto  celeste.

 

Ademais, a afección apoiou  de maneira unánime e con gran entusiasmo á iniciativa do club de que os  xogadores fosen recibidos no céspede co himno cantado ‘a cappella’. Esta iniciativa,  iniciada cun gran éxito, terá continuidade durante a  presente tempada.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas