Hemeroteca club

O club anima á afección a cantar o himno celeste en Balaídos

RC Celta

balaidos

Obxectivo: cantar o himno “a cappella” e crear un ambiente especial

 

Para que os xogadores celestes sintan o alento da bancada dunha maneira especial, diferente, o club pide aos afeccionados que a partir do partido ante o Deportivo da próxima semana canten o himno do Celta cando os futbolistas accedan ao terreo de xogo. Para que esta iniciativa sexa seguida polo maior número de afeccionados posible, o club porá nos videomarcadores do estadio a letra do himno.

 

O obxectivo é que as voces dos seguidores substitúan á megafonía e xérese no estadio un clima que chegue ao corazón dos futbolistas celestes e sintan o agarimo e a calidez da afección antes do comezo dos encontros.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas